
Camos acollerá os próximos días 1 e 2 de xullo o Campionato Intermodal Galego de Bolos 2017, no que se xogan dez modalidades distintas das catro provincias galegas.
O sábado día 1 a partir das 10:00 da mañá empeza a competición coas categorías Femininas, Xuvenil e Veteranos, así como a Sénior, que se disputara o sábado e o domingo, día no que a competición empezará ás 9:30 e no que se xogarán tamén as categorías inferiores.
A entrega de trofeos será o domingo ás 14:00 horas no campo de San Roque, en Nigrán.
O que se busca con este Intermodal é a recuperación e divulgación dun xogo autóctono e tradicional que en moitos lugares de Galicia está esquecido, noutros a piques de desaparecer e en moi poucos se segue xogando a día de hoxe.
As modalidades que se van a xogar serán:
Provincia da Coruña: Bolos do Barbanza.
Provincia de Lugo: Bolos Canteiro, Bolos Xove, Bolos en Liña e Bolos de Quiroga.
Provincia de Ourense: Bolos Viana do Bolo.
Provincia de Pontevedra: Bolos Miñor, Bolos Sete de Santa María de Oia, Bolos Cinco de Tomiño e Bolos de Soutomaior.
Este evento é tamén un apoio aos Bolos para que sexan “Declarados como ben inmaterial de interese cultural-etnográfico inmaterial, dentro do Patrimonio Cultural de Galicia.