Anuncios
Ticker de novas

O curro de San Cibrán reúne 60 cabalos

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este domingo celebrouse o curro de San Cibrán en Donas, que se desenvolve no lugar das Lagoas de Cereixo, nos montes da Groba. Trátase do segundo dos curros que se desenvolven en Gondomar, e nesta edición se “baixaron” preto de 60 cabalos.

A pesar de ser o máis novo, o desenvolvemento do curro de San Cibrán mantén moitas semellanzas con respecto aos outros curros tradicionais da Serra da Groba. O elemento, quizais, máis diferenciador, é que a baixa se realiza guiada por un “cordón”, que conduce ás burras polos dous quilómetros de baixa.

O día do curro, pola mañá cedo, os besteiros proceden a bater o monte para xuntar as greas no lugar da parada. A continuación realízase a baixa. Este roteiro é un da de máis altitude do Val Miñor; comeza no alto de Pedras Miúdas en Pinzás (Tomiño) desde o lugar de Campo Redondo. As burras procedentes dos montes de Baiona, Oia, O Rosal, Tomiño, Gondomar e da Serra da Groba, son conducidas a través dunha ampla chaira.

Xa no curro procédese aos labores tradicionais de separación de poldros, garañóns e eguas preñadas, venda ou marcaxe, rape, desparasitación e solta.

O vindeiro domingo día 9 de xullo, será a quenda do curro do Galiñeiro, en Vincios.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios