
As Escolas Deportivas Municipais de Baiona celebraron este domingo o fin de curso cunha Master Class de Zumba aberta a todos os públicos, organizada polas Concellerías de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona.
O evento, que se desenvolveu na Praza do Concello de Baiona dirixido por Roxanna Vanesa, monitora de zumba e outras disciplinas no Pavillón Municipal, contou coa colaboración doutros catro monitores, todos eles con licenza oficial para impartir esta actividade: Helena Vicaria (Pamplona), Nuria Méndez (Nigrán) e Ana Freire e Martín Martínez (Baiona).
