Anuncios
Ticker de novas

Parada organiza unha Noite Meiga con cea e andaina do terror

FOTO: CENTRO CULTURAL PARADA DO MIÑOR

Achégase agosto e coma os anos anteriores o Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor está preparando a andaina “O camiño do terror”. Pero coma aínda falta un pouco de tempo, para ir abrindo boca e preparando os nervios para os sustos, en colaboración coa Comisión de Festas Santiago e Santa Ana de Parada e o Concello de Nigrán, organiza unha cea chamada “Noite Meiga” e unha pequena andaina do terror.

Será o sábado 1 de xullo. A cea comezará ás 22:00 horas no local da Comisión de Festas, cun prezo de 20 € por comensal. O menú inclúe entrantes, churrasco, bebida, sobremesa e café. Despois farase o roteiro, sobre as 00:30 horas, con grupos de máximo 12 persoas. Os asistentes á cea terán a andaina de balde, e os que só asistan ao roteiro terán que pagar 3 €.

As prazas para a cea son limitadas. As reservas poden realizarse no teléfono 670 50 46 06. As inscricións para o roteiro no 628 98 65 97.

Anuncios