Anuncios
Ticker de novas

Curso de manipulador de alimentos en Gondomar

A Antena Cameral de Gondomar organiza un curso de manipulador de alimentos para o vindeiro xoves 29 de xuño, dirixido a todas aquelas persoas que, pola súa actividade laboral, teñen contacto directo cos alimentos durante a súa preparación, fabricación, transformación, elaboración, envasado, almacenamento, transporte, distribución, venda e subministración.

O curso celebrarase no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar en horario de 16:30 a 19:30 horas, cun custo de 18 euros para as empresas colaboradoras.

Para solicitar información ou inscribirse, contactar coa Oficina da Cámara de Gondomar en Gondomar (CDL), no teléfono 986 369 900 ou a través do correo electrónico antenagondomar@camaravigopvv.es.

Anuncios