Clases de fotografía en Donas e Panxón

A Asociación Veciñal e Cultural Santa Eulalia de Donas e a Asociación de Veciños Monteferro de Panxón organizan clases de fotografía este verán que serán impartidas por Javier Folgar. A formación será de luns a venres de mañá e tarde e sábado de mañá, en horarios e quendas variables. O prezo do curso é de 15 euros para os socios e de 18 euros para non socios. Máis información no teléfono 633 832 021 ou a través do correo electrónico folgarfotografo@gmail.com.

Anuncios