Anuncios
Ticker de novas

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este venres e sábado en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará nos próximos días o municipio de Baiona. Estará situada na rúa Jesús Valverde, na entrada ao Parador, o venres 23 de xuño de 16:00 a 21:00 horas e o sábado 24 de 10:00 a 15:00 horas. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo nos horarios indicados. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.

Anuncios