Os socialistas de Gondomar piden desculpas nun breve comunicado e rectifican as acusacións proferidas no día de onte contra Josué Villar, concelleiro de CABE, “quen non perdeu ningunha subvención para a Praza de Abastos o ano pasado como se dixo”, afirman. Así mesmo, aseguran que “sentimos o erro e pedimos desculpas tanto ao propio concelleiro como ao seu grupo político CABE, o noso erro non foi intencionado. Quen perdeu a subvención e/ou deixou de pedila o ano pasado, do mesmo xeito que este ano, foi o actual concelleiro de Comercio Xosé Antón Arauxo de Manifesto Miñor”, conclúe a nota.
Artículos relacionados
A Audiencia de Pontevedra rebaixa a unha multa a condena ao médico de Desirée Vila
A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acolleu parcialmente o recurso interposto polo traumatólogo que en 2015 atendeu a Desirée Vila, a ximnasta gondomareña de 16 anos que perdeu unha perna o ser necesario […]
O goberno de Nigrán pide a futura integración de Povisa na rede pública do Sergas
O goberno municipal de Nigrán aprobou este luns co voto en contra do PP unha declaración na que o Concello pide a futura integración do Hospital Povisa na rede pública do SERGAS: O Hospital Povisa […]
O goberno da Deputación rende contas de tres anos de xestión
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao vicepresidente provincial, César Mosquera, e ás deputadas e deputados que conforman o equipo de goberno, rendeu contas esta mañá dos tres anos á fronte da […]