
Os e as máis de 80 participantes no Curso de Ximnasia de Maiores de 55 anos do Concello de Gondomar, programado a través da Concellería de Benestar Social que dirixe a Concelleira Rocío Cambra Castro, participaron nunha pequena “merenda” de fin de curso na Praza do Concello acompañados/as da profesora que imparte as clases e da concelleira e o alcalde, Paco Ferreira.
Este curso ten unha duración anual, con vacacións en Semana Santa, Verán e Nadal, polo que volverán ás clases o próximo 11 de setembro en horario de 9:30 a 11:00 horas en dúas quendas de 45 minutos, no Pavillón de Deportes, tres días a semana, luns, mércores e venres.