
O Pavillón Municipal de Gondomar acollerá o próximo sábado 15 de xullo o I Torneo Internacional 12 Horas de Tenis de Mesa.
Poderán participar as categorías Pre-benxamín (2009-2011), Benxamín (2007-2008), Alevín (2005-2006), Infantil (2003-2004), Absoluta (sen límite de idade) e Afecionados (sen licenza-excepto 2ª Div. Galega., todas elas mixtas.
A competición comezará ás 9:30 horas e rematará ás 21:30 horas, sen parar, aínda que as diferentes categorías terán horarios alternativos para comer.
O I Torneo 12 Horas disputaranse en varias fases en cada categoría. 1ª e 2ª fase: xogarase por grupos onde os xogadores absolutos e afecionados disputarán un mínimo de 6 partidos. Os xogadores infantís, alevíns, benxamíns e pre-benxamíns un mínimo de 8. 3ª fase: eliminatorias (oitavos de final, cuartos de final, semifinais e finais) en función do número de xogadores.
Durante as 12 horas haberá un servizo de Bar (Bebidas e Bocadillos).
As inscricións poderán realizarse ata o luns 10 de xullo ás 22:00 horas no teléfono 699 67 00 85 ou a través do correo electrónico manolovincios@gmail.com. A cota de inscrición será gratuíta para as categorías pre-benxamín, benxamín , alevín e infantil e de 5 € en rifas a pagar no Torneo para as de absoluta e afecionados.
Os premios consistirán nunha Medalla en Estuche para os tres primeiros postos de todas as categorías. Nas categorías infantil, alevín, benxamín e pre-benxamín, recibirán Medalla todos os participantes. A entrega dos premios terá lugar no acto de clausura do I Torneo 12 Horas o mesmo sábado, a partires das 21:30 horas.
Mostra de encaixe de bolillos
Desde as 16:30 ata as 21:30 horas, poderá visitarse ademais unha mostra de encaixe de bolillos.