Anuncios
Ticker de novas

Paulo Miguel Caldeira e Marta Abruñedo gañan a VI Travesía de SUP entre Nigrán e Baiona

FOTO: PEPE COSTAS // Saída da proba.

Máis de 70 padeeiros participaron este domingo na VI Travesía de Paddle Surf entre Nigrán e Baiona, organizada por Prado Surf e Waira en colaboración cos dous Concellos.

Ás 11:45 do mediodía saían da Praia de Panxón con destino á Praia da Ladeira, onde se celebrou o acto de entrega de premios.

Paulo Miguel Caldeira Lopes repetiu a súa vitoria de 2016, completando o percorrido en 41:01. Jose Casás García (43:58) ocupou a segunda praza e Luis Antonio Cabral Brito (45:00) foi terceiro.

Na categoría feminina, a primeira en chegar á praia baionesa foi Marta Abruñedo Salaberri (44:10), por diante de Elena Alfaya Pereira (50:24) e Lourdes Álvarez Otero (65:00), segunda e terceira respectivamente.

En categoría sub 16, o gañador foi Eneko Alonso Vázquez (56:47). Rafael Fernández (78:15) foi segundo e Beatriz Casanova Morim (84:07) terceira.

Ademais, todo aquel que quixo puido gozar de bautismos gratuítos de paddle surf na Praia da Ladeira.

Anuncios