Anuncios
Ticker de novas

A música fai camiño para a inclusión

FOTO: AGRUPACIÓN MUSICAL DE VINCIOS // Un momento do concerto celebrado en Porto do Molle.

A Agrupación Musical de Vincios e o Centro Juan María ofreceron o domingo unha viaxe musical no Polígono Industrial Porto do Molle.

Con máis de 100 músicos enriba do escenario a banda infantil, a banda xuvenil e a propia banda da A. M. de Vincios fixeron, coa axuda e acompañamento dos alumnos do Centro Juan María, unha viaxe arredor do mundo que comezou coa representación teatral e musical dun descubrimento histórico ata rematar en Galicia, pasando por lugares do máis exótico e afastado. A encargada de presentar e guiar esta viaxe foi Trini Puentes.

Con este proxecto, a escola e banda da Agrupación Musical de Vincios pretenden facer fincapé no papel integrador e universal da música. Algo máxico que transcende aos distintos tipos de centros educacionais. Un xeito fermoso de promover a convivencia social e a cultura no que colaboraron o Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra.

Anuncios