Anuncios
Ticker de novas

Intervidas landras de haxix e cogollos de marihuana a un mozo de Nigrán

FOTO: POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN

A Policía Local de Nigrán, realizando labores de seguridade cidadá, a tarde do pasado domingo, incautou nun control rutineiro diversas sustancias de cannabis a un mozo de 30 anos e veciño de Nigrán.

As sustancias foran ocultadas tras o equipo de radio do seu vehículo e que tras unha inspección meticulosa dos axentes, foron localizadas.

As sustancias intervidas foron tres landras e media de haxix, así como un total de dez cogollos de marihuana, de diferentes tamaños.

Os axentes realizaron as correspondentes actas de aprehensión, acompañadas da denuncia a Subdelegación de Goberno por infrinxir a Lei 4/2015 de Protección da Seguridade Cidadá.

Anuncios