Anuncios
Ticker de novas

As cadetes do CB Nigrán, campioas do Torneo de Salceda

O equipo cadete do CB Nigrán proclamouse campión no torneo triangular que se organizou este fin de semana en Salceda de Caselas e no que participaron, ademais do club anfitrión, o Club Baloncesto O Meco do Grove.

O equipo nigranés, dirixido por Xavi Barra, fíxose co título despois de gañar os dous partidos contra Salceda e O Grove en dous encontros moi igualados. Desde o CB Nigrán agradecen ao Club Baloncesto Caselas a súa invitación e felicítanos polo bo desenvolvemento do Torneo, no que as nenas puideron gozar dunha magnífica tarde de baloncesto.

Coa participación neste torneo o CB Nigrán pecha esta magnífica tempada e métese de cheo na organización dos dous campus de verán, un en Nigrán e outro en Gondomar, en colaboración cos seus respectivos Concellos.

2017-06-18 - 20170617_205353

Anuncios