Anuncios
Ticker de novas

Festas na honra de San Antonio en Vilariño

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O barrio de Vilariño, pertencente á parroquia nigranesa de San Pedro da Ramallosa, celebra este fin de semana as festas na honra de San Antonio. O sábado 17 de xuño o grupo Ritmo e o trío Fiesta amenizarán a verbena. O domingo 18 ás 10:30 da mañá a Banda de Música San Miguel de Oia ofrecerá un pasarrúas por Vilariño. Ás 11:00 horas comezará a Misa Solemne con posterior procesión na honra de San Antonio, acompañada pola mesma Banda de Música, que ademais ofrecerá un concerto a continuación.

Anuncios