Anuncios
Ticker de novas

Un motorista resulta ferido ao colidir contra un coche en Gondomar

Unha colisión entre un turismo e unha moto saldouse co motorista ferido en Gondomar. O accidente ocorreu na PO-331, concretamente no punto quilométrico 12. O 112 Galicia recibía a alerta do sinistro a través dun particular. Indicaba no seu relato que o motorista atopábase consciente.

Nese momento, dende o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia se informou do sucedido a Urxencias Médicas, á Garda Civil de Tráfico e ao servizo de mantemento da estrada.

Anuncios