Anuncios
Ticker de novas

Preto de 500 atletas participarán na II Carreira Nocturna PlazaH2K de Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Saída da I Carreira Nocturna PlazaH2K.

Nigrán será escenario mañá sábado 17 de xuño da II Carreira Nocturna PlazaH2K, evento organizado entre o Concello de Nigrán e as empresas ximnasio Plaza Fitness e H2K Seguros. Con preto de medio millar de participantes, esta cita que pretende consolidarse no calendario deportivo do municipio está apadriñada polo corredor Daniel Bargiela.

Por mor da celebración da proba, dende as 18.00 horas ata fin da mesma, quedarán cortadas ao tráfico Arquitecto Palacios, Gondomar e Cidade de Vigo, tres rúas en que teñen lugar a competición de todas as categorías e nas que non se poderá aparcar dende as 14.00 horas. No resto do trazado polo que discorre a carreira absoluta só se cortará no momento de paso dos corredores co fin de crear os mínimos inconvintes posibles nos condutores.

O evento contará con categorías dende pitufos ata cadete e absoluta, todas elas con percorridos adaptados a cada franxa. A máxima, cunha distancia de 10 quilómetros, percorre todo o municipio partindo do Concello de Nigrán ás 22.00 horas e rematando como máximo nunha hora e 25 minutos no Pavillón de Panxón. O percorrido é: saída dende a Casa Consistorial enlazando coa Estrada pola Vía (PO-325) á altura da rúa Telleira, continuación pola PO-325 ata A Foz bordeando a península de Lourido para seguir por todo o paseo marítimo ata A Madorra,Tomás Mirambell, Bouzavella, Mariñeiro, Jesús Espinosa, Arquitecto Palacios e meta no Pavillón Municipal de Panxón. Previamente a esta proba reina serán as das demais categorías, comezando ás 19.00 horas con cadetes.

Este ano a carreira nocturna divulgará o “síndrome de usher”, enfermidade cunha persoa afectada en Nigrán e da que se coñecen tres casos en toda España.

Anuncios