Anuncios
Ticker de novas

A Deputación destina preto de 300.000 euros para a mellora da Rúa Mariñeiro de Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou hoxe en rolda de prensa que a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar a concesión de axudas por valor de case un millón de euros para seis concellos da provincia. En concreto, as axudas están destinadas á mellora de rúas, á rede de saneamento e á adquisición de vehículos nos municipios de Forcarei, Meis, Nigrán, Ponteareas, Redondela e Silleda.

Carmela Silva subliñou que “coas axudas aprobadas esta mañá, que ascenden a preto dun millón de euros” (en concreto 955.017,98 €),“levamos xa distribuídos máis de 16 millóns de euros (16.309.659,46 €) da liña 1 do Plan Concellos, é dicir, o 56,3%”.

O concello de Nigrán recibirá con esta nova achega 282.351,94 € para a mellora das instalacións da Rúa do Mariñeiro. Ata o momento, e co aprobado hoxe en Xunta de Goberno, Nigrán leva o 83,5% do Plan Concellos deste ano aprobado.

Anuncios