10º Aniversario do Serán á Beira do Mar de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // O palco de música da Palma.

A Escola de Danza Vila de Baiona e a Asociación Cultural A Seneira organizan este sábado 17 de xuño o X Serán á Beira do Mar, coa colaboración do Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba). O programa comezará ás 18:30 horas con xogos tradicionais para nenos e adultos no Parque da Palma. A partir das 21:00 horas comezará o Serán no Palco de Música da Palma, con chourizos e chocolatada gratuíta e sorteo de agasallos.