Anuncios
Ticker de novas

Gondomar clausura o curso de acompañante de transporte de persoas con mobilidade reducida

Este mércores clausurouse en Gondomar o curso de monitor/a acompañante de transporte de persoas con mobilidade reducida, que comezou o pasado 1 de xuño organizado pola Concellería de Xuventude co obxectivo de que os máis novos consigan uns coñecementos útiles e diferenciadores para a súa inserción laboral.

O alcalde, Paco Ferreira, e a concelleira de Xuventude, Nuria Lameiro, foron os encargados de entregar os diplomas aos 15 participantes, que durante 30 horas desenvolveron un programa teórico no que trataron a normativa reguladora, tipos de transporte e requisitos, transporte de persoas con mobilidade reducida, etc., e un programa práctico no que traballaron control de rampla de accesos, coñecemento dos puntos de ancoraxe, subida e baixada das persoas con mobilidade reducida, primeiros auxilios e uso de desfibriladores.

Anuncios