Unha alumna do Centro Ecuestre Rías Baixas de Nigrán, seleccionada para o Equipo Español

FOTO: CENTRO ECUESTRE RÍAS BAIXAS DE NIGRÁN

Unha alumna do Centro Ecuestre Rías Baixas de Nigrán foi seleccionada pola Real Federación Hípica Española para formar parte do Equipo Nacional de Doma e poder representar ao noso país en Europa.

Teresa González Cerqueira e a súa egua Donna Marq, xunto co seu adestrador Víctor Hernández, formarán parte do Equipo Nacional B Children, que participará no CDI de Pompadur (Francia) os días 21 ao 25 de xuño. É a primeira vez que unha amazona galega é seleccionada para representar a España nun CDI, previo ao Campionato de Europa Children 2017.

“É un orgullo triplo o que sentimos porque en primeiro lugar a amazona formouse desde cero connosco, en segundo lugar porque a egua foi domada por Víctor Hernández desde os 4 anos e en terceiro lugar porque é a primeira vez na historia da doma que un binomio galego e adestrador galego son seleccionados para o equipo”, destacan desde o Centro Ecuestre Rías Baixas.