A Concellería de Emprego do Concello de Gondomar está a organizar un ciclo de obradoiros prácticos destinados a achegar aos veciños á realidade do mercado laboral actual, proporcionando información útil para a busca efectiva de emprego que permita diferenciarse do resto dos candidatos nun proceso de selección.
Mediante a posta en marcha de oito obradoiros prácticos, que permitirán obter as ferramentas necesarias para manexarse con éxito no actual mercado laboral. As accións pendentes de realizar son:
OBRADOIROS:
1. O poder do Networking: traballa a túa rede de contactos (21 Xuño)
2. Redes sociais para a busca de Emprego I (5 xullo)
3. Redes sociais para a busca de Emprego II (19 xullo)
4. Aprende a diferenciarte e destacar entre os resto dos candidatos (26 Xullo)
Os obradoiros terán no CDL ás 10:00 da mañá, e serán gratuítos para os asistentes. As persoas interesadas deberán cubrir unha solicitude que terán á súa disposición no Centro de Desenvolvemento Local do Concello. Terán prioridade os empadroados en Gondomar e os desempregados inscritos na oficina do INEM. Máis información no teléfono 986 384 020 ou no correo emprego@concellodegondomar.com.

