Unha trintena de porteiros participaron nas IV Xornadas Técnicas organizadas polo Baíña FS

FOTO: BAÍÑA FS // Os participantes das Xornadas Técnicas.

O club Baíña Fútbol Sala celebrou este domingo as cuartas xornadas de formación para porteiros, coa colaboración do Concello de Baiona e a Deputación Provincial de Pontevedra.

Estás xornadas bateron o récord de participación alcanzando a cifra de 31 porteiros procedentes de varios clubs do Val Miñor, Vigo e arredores e mesmo da provincia ourensá.

O adestrador vigués Santiago Domínguez e a adestradora lusa Sara Almeida levaron a cabo unha longa sesión de traballo de técnica e perfeccionamento para todos os asistentes distinguindo idades e nivel.

Daniel Álvarez, coordinador do Baíña Fútbol Sala, séntese orgulloso de que sexan cada vez máis os porteiros que asisten a estas xornadas técnicas.