Anuncios
Ticker de novas

O DJ baionés Yaggo actuará xunto Martin Garrix e Hardwell na Nova Era EDP Beach Party en Porto

¨Un sono feito realidade. Todos os días traballas para ser recompensado e conseguir as túas metas, e de súpeto, atópaste con algo así¨, comentaba o novo DJ e productor galego, Yaggo, que tras presentarse ao concurso de DJs organizado pola emisora produtora do evento, Radio Nova Era, resultaba gañador xunto ao artista portugués VENDARK.

Os días 30 de xuño e 1 de xullo celebrarase a décima edición deste gran evento, un dos festivais máis grandes de Europa onde sempre actuaron os mellores artistas electrónicos do momento e que, nesta edición, non ían ser menos, elaborando un cartel cos recén nomeados mellores DJs do planeta, Martin Garrix e Hardwell, entre outros destacados coma Carnage, Tony Junior ou Bassjackers e enchendo o cartel con artistas do país veciño.

Con tan só 21 anos, Yaggo, é un dos artistas máis prometedores do panorama electrónico e asegura que esta tempada non vai quedar de brazos cruzados, xa que isto é so o comezo dun ambicioso verán onde ten marcadas varias datas en diferentes puntos da costa mediterránea e tamén na nosa zona donde non nos deixará indiferentes.

Anuncios