Anuncios
Ticker de novas

O “Bosch” e o “Margem do Azul III” vencen na primeira etapa da Interclubes Ría de Vigo

FOTO: NURIA LAGO // O Bosch Service Solutions e o Aceites Abril.

A etapa inaugural da I Regata Interclubes Ría de Vigo non estivo falta de emoción. Xa desde a saída, (puntual ás 15 horas), a frota deu mostras de que tiña ganas de competir. Unha frota que finalmente alcanzou as 18 unidades para a primeira edición da competición que organizarán ata o 24 de xuño o MRCYB, o RC Náutico de Vigo e o RC Náutico Rodeira.

Os partes meteorolóxicos cumpriron coas previsións e o vento do Oeste rolando cara ao Noroeste non faltou na saída. Cunha intensidade media de 8-9 nós, as embarcacións puxeron rumbo cara a Subrido, un percorrido que contou con 12,14 millas náuticas para a división Cruceiro e de 16,2 millas para a Regata-Cruceiro e que partiu entre os faros de Tofiño e Borneira, fronte a Samil. Tras completar a primeira parte da etapa, a frota dividiuse e mentres as embarcacións máis grandes navegaron ata A Guía para virar en Guixar e retornar ao momento de saída, as unidades da división Cruceiro chegarían ata Rodeira e volverían ao medio da ría de Vigo. A intensidade do vento, que descendeu ata os 6-7 nós de vento nos últimos tramos, fixo un pouco máis lento o final da etapa sendo o “Aceites Abril” dos irmáns Pérez Canal o primeiro en completar o percorrido en 3 horas e 5 minutos.

Na clase Regata-Cruceiro, bonito man a man entre a frota viguesa, xa que o “Starfighter” e o tan só deixaron escapar ao “Aceites Abril” na gran popa que houbo desde Bondaña a Guixar e que rematou cunha boa cinguida.

Na división Cruceiro, moi boa regata do “Margem do Azul III” (José Frederico Lopes, MRCYB), que deixou nun segundo plano ao “Balea Dous”, a embarcación de Luis Pérez (RC Náutico Rodeira) e que adoita partir como favorito na clase.

A próxima semana, o RC Náutico de Vigo asumirá o papel de anfitrión e organizará o sábado 17 de xuño a segunda etapa da I Regata Interclubes Ría de Vigo.

Clasificación Regata-Cruceiro:

1 – Bosch Service Solutions (Ramón Ojea, CM Canido)
2- Aceites Abril (Luis y Jorge Pérez Canal, RCN Vigo)
3- Unus (Luis García, RCN Vigo)
4- Starfighter (Julio Rodríguez, RCN Vigo)
5- Fend-La Bise ( Jean Claude Sarrade, MRCYB)

Clasificación Cruceiro:

1- Margem do Azul III (José Frederico Lopes, MRCYB).
2- Deep Blue (Vicente Cid, RCN Vigo)
3- Balea Dous (Luis Pérez, RCN Rodeira)
4- Navidad (Ángel Lorez, RCN Rodeira)
5- Escuela Vela RCNVigo (Javier Juncal, RCN Vigo)

Anuncios