Anuncios
Ticker de novas

Tres ouros para o CPA Gondomar no Campionato Provincial de Patinaxe Artística

FOTO: CPA GONDOMAR

Este sábado disputouse o Campionato Provincial de Patinaxe Artística na modalidade libre para os clubs da provincia de Pontevedra, no que participaron os patinadores e patinadoras das categorías Benxamín, que só fixeron o programa curto, e Alevín e Infantil, que levaron a cabo tanto o curto coma o longo.

A competición, na que participaron sete patinadores e patinadoras do Club Patinaxe Artística Gondomar, estivo organizada polo CPA Condado no pavillón municipal Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño.

Lola Álvarez proclamouse campioa na categoría Benxamín, e Joel Ribeiro e Sara Fernández en Alevín. Nesta última categoría Noa Álvarez foi segunda, Ángela García terceira, Sara Abal cuarta e Ainhoa Vidal quinta.

Anuncios