Anuncios
Ticker de novas

Tras as pegadas do Conde de Gondomar

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar comezou este sábado a súa programación de verán coa xincana familiar “Tras as pegadas do Conde de Gondomar”, unha actividade de lecer en familia co fío condutor do 400 centenario do Conde de Gondomar D. Diego Sarmiento de Acuña.

Esta xincana pretende crear momentos de lecer en familia. Dunha maneira lúdica, os 35 participantes, divididos en 16 parellas, tiveron que ir superando probas ao redor da historia e repercusión desta personalidade.

A actividade comezou no Concello, onde tiveron que completar un quebracabezas e léronse 20 preguntas relacionadas con D. Diego Sarmiento de Acuña, para a continuación iniciar a ruta, na que era necesario realizar unhas probas nas que recibían un pergamiño cunha pista e unha rosquilla que non podían perder, nin romper nin comer.

Algúns dos puntos elixidos foron a Ponte das Ánimas, a Igrexa de San Bieito, ou a estatua do Conde de Gondomar. Ao finalizar, todos sabían e entendían as preguntas formuladas ao comezo.

A concelleira de Xuventude, Nuria Lameiro, destacou que ademais de coñecer lugares de Gondomar e a súa historia, a actividade ofrece unha mañá de risas, convivencia e deporte. “Todos queren repetir, gustou moito”, concluíu a edil.

Anuncios