Anuncios
Ticker de novas

A Concentración de Clásicos do Baixo Miño finalizará un ano máis en Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este domingo 11 de xuño terá lugar a XVII Concentración de Clásicos Populares Baixo Miño, evento que reunirá un ano máis a multitude de amantes dos coches clásicos e de época. A xornada comezará ás 10:00 da mañá coa concentración de todos os participantes na Praza do Seixo, en Tomiño. Ás 13:00 horas comezará a ruta, saíndo en caravana dirección Gondomar. Ás 14:00 horas comezará a comida de confraternidade no Peñasco 2, para finalizar ás 17:00 horas coa exposición dos vehículos no parque da Palma, en Baiona.

Anuncios