3º Festival de Bandas de Escola en Sabarís

FOTO: AGRUPACIÓN MUSICAL DE BELESAR

A Asociación de Veciños Castro e Ladeira e a Agrupación Musical de Belesar organizan este sábado 10 de xuño o 3º Festival de Bandas de Escola de Belesar. Participan a Banda da Escola da Unión Musical de Mougás, a Banda Xuvenil de Salvaterra e a Banda da Escola da Agrupación Musical de Belesar. O evento comezará ás 19:30 horas na Praza Victoria Cadaval de Sabarís.