O Club As Estelas celebra o Día da Rítmica cunha Master Class de Alejandra Quereda

O Club Ximnasia Rítmica As Estelas pecha a tempada cun gran acontecemento deportivo, unha Master Class con Alejandra Quereda, subcampioa olímpica Río 2016, que dirixirá un adestramento para nenas e nenos de máis de 8 anos que queiran gozar dunha tarde de rítmica con ela.

O próximo 18 de xuño o Club Ximnasia Rítmica As Estelas, coa colaboración do Concello de Baiona, organiza o Día da Rítmica pola mañá e pola tarde o gran acontecemento para todo apaixonado da rítmica.

O Pavillón Municipal cubrirase de tapices grazas ao Club Escuelas Rosalía e ao Club Ximnasia Rítmica Porriño por cedelos para a ocasión para que máis de 120 ximnastas de todas as idades participen na VI Xornada Escolar de Ximnasia Rítmica en horario de 10:30 a 13:30 horas.

A partir das 15:30 Alejandra Quereda será a protagonista da tarde, as/os ximnastas inscritos terán o privilexio de ser adestrados por unha ximnasta olímpica de renome e de gran traxectoria deportiva. Poderán seguir os seus consellos, vela adestrar na pista xunto a eles e poderán preguntarlle as súas dúbidas e curiosidades.

Todo aquel que queira gozar dun día de rítmica poderá acudir pola mañá a ver as actuacións de equipos como, os propios do club As Estelas, Club Rosalía de Castro, o Rías Baixas, o Ría de Marín, Club Ximnasia Porriño, Xiada… durante o evento haberá sorteos de produtos e invitacións de tendas e restaurantes de Baiona e a zona, o diñeiro recadado destinarase á compra dun tapiz de ximnasia rítmica para o club baionés.

Para poder participar na Master Class, que ten un prezo de 30€, a duración é de tres horas de adestramento e logo unha hora para fotos, firma de autógrafos, hai que enviar un email a masterclassalejandraquereda@hotmail.com, é unha ocasión única e unha gran oportunidade.