Noite de cinema en Gondomar coa película «El libro de la selva»

Este sábado 22 de xullo ás 22:30 horas proxectarase a película «El libro de la selva» no Parque Ponte das Rosas de Gondomar, dentro do programa Cultura de Verán 2017 organizado pola Concellería de Cultura.

Mowgli (Neel Sethi), un neno criado na selva por unha manda de lobos, emprende unha fascinante viaxe de autodescubrimento cando se ve obrigado a abandonar o único fogar que coñeceu en toda a súa vida. Nova adaptación da novela de Rudyard Kipling.