Anuncios
Ticker de novas

Festival de Danza e concerto de Gustavo Almeida no Centro Cultural de Baíña

O Centro Cultural e Social de Baíña acolle este sábado 3 de xuño un festival de danza. Participará o grupo Giro’s de Baíña, ademais dos grupos de danza de Baredo, Gondomar e Paradela. Será a partir das 18:30 horas.

Pola noite, ás 22:30 horas, o cantautor brasileiro Gustavo Almeida ofrecerá un concerto. Falar da súa música é falar de versatilidade, liberdade de creación. É falar de Pop, Funk, Reggae con influencias rítmicas e harmónicas da rica música de Brasil. É falar de amor, de amizade, de paixóns en bares. A súa visión da vida, é a que guía a súa música. Pero falar da música de Gustavo Almeida é, sobre todo falar de traballo, de paixón por este oficio, como demostra os seus 80 concertos anuais de media, desde o 2005 e os quilómetros percorridos por moitas cidades de España, Brasil, Inglaterra, Francia, Italia e Andorra.

O domingo 4 ás 20:00 horas actuará o coro da Agrupación Musical de Vincios, con Filberto Méndez como Tenor Solista.

Anuncios