Baiona abre o prazo para participar na “Escola de Verán 2017”

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

O Concello de Baiona abre o vindeiro luns 5 de xuño o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán 2017. Poderá presentarse a solicitude ata o xoves 15. Dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, desenvolverase ao longo do mes de xullo, de luns a venres, no CPI Covaterreña e no CEP de Sabarís. As prazas ofertadas ascenden a 120. As persoas interesadas poden recoller a partir do luns, 5 de xuño, as bases que rexen a convocatoria no CIM de Baiona ou no rexistro municipal. Para máis información poden contactar co CIM de Baiona no teléfono 986 357 554.

Anuncios