Artai Bringas, primeiro sub 16 no VII Torneo PonteXadrez

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

O pasado sábado celebrouse en Pontevedra o VII Torneo de Xadrez PonteXadrez, onde o Club Laroca de Nigrán tivo participación nas categorías de sub 10, sub 12, sub 14 e absoluta.

Destacar o sexto posto de Artai Bringas na categoría absoluta e primeiro sub 16, con cinco puntos de sete posibles. Nesta categoría tamén destacar o onceavo posto de Jorge Carneiro tamén con cinco puntos.

Anuncios