Anuncios
Ticker de novas

Curso de iniciación á robótica en Gondomar

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, ofrece á mocidade un curso de iniciación á robótica. Este curso pretende favorecer experiencias que permitan investigar e coñecer novos conceptos que esperten o interese pola investigación, a tecnoloxía e a innovación.

“Queremos que os mozos e mozas de 12 a 17 anos poidan ter o seu primeiro contacto co mundo da robótica, potenciar valores e capacidades como a disciplina, concentración, a creatividade, o gusto polo coñecemento e o desenvolvemento do pensamento computacional”, sinalan.

O curso se levará a cabo do 27 ao 30 de xuño, en horario de mañá de 10:30 a 12:30 horas, na aula de informática do Centro de Deselvolvemento Local do Concello de Gondomar.

Para inscribirse os interesados deben cubrir unhas instancias e entregalas no rexistro do Concello de Gondomar. Para calquera información chamar ao 986 369 746.

Anuncios