Anuncios
Ticker de novas

O Concello de Nigrán impermeabiliza a cuberta da Escola Infantil Municipal “A Galiña Azul”

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras de impermeabilización da cuberta da Escola Infantil Municipal “A Galiña Azul”, que estarán rematadas nas vindeiras semanas. O traballo, cun custe de 12.584 euros e a cargo da empresa nigranesa Alejos y Mella Construcciones, poñerá fin ao problema de pingueiras nalgúns puntos do interior cada vez que se rexistran varios días seguidos de choiva.

“Trátase dunha obra importante e demandada dende a comunidade educativa da Galiña Azul, a única escola infantil pública de primeiro ciclo do municipio”, sinala o alcalde, Juan González, quen incide no compromiso do goberno coa educación pública e de calidade. Nesta liña, precisamente a semana pasada o Concello instalou unha marquesina no colexio Humberto Juanes para os nenos que empregan transporte escolar.

A obra consiste na impermeabilización de petos e petriles mediante a instalación dunha lámina de PVC de 1,5 mm termosoldada, así como a colocación de cazoletas de desaugadoiro lateral e novas cazoletas e petriles.

2017-05-30 - Galiña_Azul1

Anuncios