
Un home apareceu esta tarde afogado nunha piscina, na localidade de Gondomar. Os feitos aconteceron nunha propiedade do lugar do Monteiro, na parroquia de Borreiros
O 112 Galicia tivo coñecemento da situación ás 18:30 horas desta tarde, a través de Urxencias Médicas.Os efectivos sanitarios solicitaban a intervención das forzas da orde.
O persoa do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou ao GES do Val Miñor e á Garda Civil.
Polo de agora descoñécense as causas da morte do varón.