
O Pavillón Municipal de Deportes de Gondomar acolleu este sábado a festa de clausura das XXVI Escolas Deportivas do Concello e das IV Escolas Deportivas da Deputación, organizada dende a Concellería de Deportes, o Concello de Gondomar e a Deputación de Pontevedra.
Os centos de alumnos e alumnas que estiveron matriculados nas diferentes disciplinas no curso 2016/2017 mostraron o aprendido con diferentes exhibicións deportivas, cunha duración de 20 minutos cada unha. A primeira a da escola acrobática, seguida das de judo, tenis de mesa, balonmán, tenis, baloncesto, patinaxe, taekwondo e fútbol.
Para pechar a xornada actuaron os clubs invitados, o Club Patinaxe Artística Gondomar, o Club Eixo Gondomar e a Escola de Zumba.
Os deportistas participantes, entre as escolas e os clubs invitados, recibiron ademais agasallos ao finalizar as exhibicións.