O Club de Tenis Gondomar abre a inscrición para o seu campus Total Tenis

FOTO: CLUB DE TENIS GONDOMAR

Xa está aberta a inscrición para o campus Total Tenis, organizado polo Club de Tenis Gondomar, que inclúe adestramentos intensivos para os mozos de competición, preparación física, psicomotricidade, multideporte, etc. Para os máis peques tenis e unha chea de diversión. Tamén ofrece gran cantidade de actividades: xogos tradicionais, excursións, sendeirismo, inchables, festa da auga, equipamento para os inscritos e merendas.

O campus desenvolverase desde o 3 ao 14 de xullo de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. O prezo é de 40 euros/1 semana e de 70 euros/2 semanas. As inscricións poden realizarse no teléfono 680 124 239 ou a través do correo electrónico ctgondomar@hotmail.es. As prazas son limitadas.