Anuncios
Ticker de novas

Vilas celebra as festas de Mª Auxiliadora coa actuación estelar de Pili Pampín

FOTO: PEPE COSTAS // Procesión de Mª Auxiliadora en Vilas.

O barrio de Vilas, na parroquia gondomareña de Morgadáns, celebra este fin de semana as festas na honra de Mª Auxiliadora. O sábado 27 a partir das 22:00 horas a orquestra Nevada Band e o grupo Son D’Vigo amenizarán a gran verbena. O domingo 28 ás 11:30 horas celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión acompañada polo grupo de gaitas Balcón do Val Miñor. Pola noite, a partir das 21:30 horas, actuación do grupo Aramio e actuación estelar da cantante galega Pili Pampín.

Anuncios