Nigrán acollerá a segunda edición da Carreira Nocturna PlazaH2K o 17 de xuño

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

Nigrán será escenario o vindeiro 17 de xuño da II Carreira Nocturna PlazaH2K, evento organizado entre o Concello de Nigrán e as empresas ximnasio Plaza Fitness e H2K Seguros e para o que xa está aberto o prazo de inscrición ata o 12 de xuño a través de http://www.championchipnorte.com. Tras o éxito da primeira edición, con 650 participantes, este ano espérase superar esta cifra amplamente e, con elo, consolidar esta cita apadriñada polo corredor Daniel Bargiela no calendario deportivo do municipio.

O evento contará con categorías dende pitufos ata cadete e absoluta, todas elas con percorridos adaptados a cada franxa. A máxima, cunha distancia de 10 quilómetros, percorre todo o municipio partindo do Concello de Nigrán ás 22.00 horas e rematando como máximo nunha hora e 25 minutos no Pavillón de Panxón. O percorrido é: saída dende a Casa Consistorial enlazando coa Estrada pola Vía (PO-325) á altura da rúa Telleira, continuación pola PO-325 ata A Foz bordeando a península de Lourido para seguir por todo o paseo marítimo ata A Madorra, Tomás Mirambell, Bouzavella, Mariñeiro, Jesús Espinosa, Arquitecto Palacios e meta no Pavillón Municipal de Panxón. Previamente a esta proba raíña serán as das demais categorías, comezando ás 19.00 horas con cadetes.

Este ano a carreira nocturna divulgará o “síndrome de usher”, enfermidade cunha persoa afectada en Nigrán e da que se coñecen tres casos en toda España.

Toda a información da carreira pódese consultar na web http://www.plazah2k.com.