Anuncios
Ticker de novas

Festival solidario a favor da Asociación Berce en Gondomar

O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado 27 de maio o festival “Sorrisos solidarios”, no que se recadarán fondos para os proxectos e iniciativas da Asociación Berce a favor da infancia.

Desde as 17:00 horas haberá obradoiros para os máis pequenos. Ás 18:00 horas, Magín Branco, Rui e Amigos (de María Fumaça) ofrecerán un concerto e ás 19:30 será a quenda dos contos e a fantasía con Voltereta e Volvoreta (tamén coñecidas como a Doutora Tirititeira e a Doutora Lectora no proxecto “Sorrisos por Tiritas”).

Xa pola noite, ás 22:30 horas, unha dose extra de humor para público adulto da man de Gossip Bufón (tamén coñecido como Doutor Tor Pin en “Sorrisos por Tiritas”).

As entradas, cun prezo de 4 euros, poden reservarse no teléfono 986 240 517, e recollelas 30 minutos antes de cada función no auditorio, onde se abrirá o despacho de billetes unha hora antes de cada función. O aforamento é limitado.

Este festival será unha realidade grazas á colaboración desinteresada do Concello de Gondomar, XQuatro, Magín Branco e María Fumaça, Voltereta e Volvoreta e Gossip Bufón (Pallaso Popín). 100% solidarios coa infancia que máis o necesita.

Anuncios