Couso celebra as festas na honra da Virxe dos Remedios e San Isidro

FOTO: ORQUESTRA OLYMPUS

A parroquia gondomareña de Couso celebra este fin de semana as festas na honra da Virxe dos Remedios e San Isidro.

O venres 26 de maio ás 22:00 horas comezará a verbena coa orquestra Olympus e o grupo América de Vigo.

O sábado 27 ás 12:00 do mediodía celebrarase unha Misa Solemne na honra de San Isidro. Pola noite, a partir das 22:00 horas, a orquestra Ceniza e o grupo Aramio serán os encargados de amenizar a verbena.

O domingo 28 ás 12:30 horas celebrarase unha Misa Solemne con sermón e procesión na honra da Virxe dos Remedios, acompañada pola charanga Vai de Baile.