O Centro Juan María organiza a súa II Andaina

FOTO: CENTRO JUAN MARÍA // I Andaina do Centro Juan María.

O Centro Juan María de Parada organiza o vindeiro sábado 27 de maio a súa II Andaina, organizada polo grupo de Dinamización Asociativa, dirixida a familiares, usuarios, alumnos, amigos e aquelas persoas que aínda non lles coñecen.

A saída será ás 17:30 horas desde o propio Centro Juan María para percorrer os arredores, cunha duración dunha hora e dificultade baixa. En caso de mal tempo, trasladarase a outro día.

Ao finalizar, os asistentes repoñerán forzas cunha merenda composta por chulas de cabaza que se farán no momento.

O grupo de Dinamización Asociativa nace no ano 2015 e busca a participación e a implicación colectiva en actividades e eventos que favorezan o sentimento asociativo, mantendo con iso un alto grao de implicación e participación de todos os que forman o Centro Juan María.

Ata agora, os grupos de Dinamización Asociativa xa realizaron a I Andaina, a obra de Teatro “Imos á escola”, protagonizada por familiares e socios, e unha exposición de fotografías de usuarios do Centro.