Anuncios
Ticker de novas

Artai Bringas, terceiro clasificado sub 18 no III Campionato Galego Lóstrego

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA // Artai no podio do Campionato Galego Lóstrego.

Este fin de semana celebrouse en Vilagarcía de Arousa o III Campionato Galego Lóstrego e o VII Campionato de Rápidas no que o Club de Xadrez Laroca de Nigrán tivo unha destacada actuación.

Na xornada do sábado celebrouse o Lóstrego, onde se celebraron nove roldas a 3 minutos máis un incremento de 2 segundos por movemento, no que o xogador gondomareño Artai Bringas acadou o terceiro posto na categoría de sub 18, e o décimo terceiro posto da xeral, con seis puntos de nove posibles. Destacar o papel de Fran Rego, que rematou no trinta e cinco da xeral con cinco puntos, e Jorge Carneiro, no posto 73 con 2.5 puntos.

O domingo celebrouse o torneo de Rápidas, nove roldas a dez minutos máis un incremento de cinco segundos por movemento, onde participaron Artai Bringas e Fran Rego, rematando nos postos 27 e 28 da xeral con cinco puntos, e Artai cuarto clasificado na categoría sub 18.

Por outra banda celebrouse o XV Torneo Santa Rita, valedoiro para o Circuíto Galego Xadrez Promoción, no que participou a xogadora Ana Fernández na categoría de sub 14, rematando no posto 16 con tres puntos de sete posibles.

O próximo fin de semana celebrarase o VIII Torneo Pontexadrez na capital da provincia onde o Laroca terá representación.

Anuncios