Curso intensivo de alpargatas de cáñamo artesanais en Camos

A Asociación de Veciños A Camoesa organiza o martes 30 de maio un curso intensivo de alpargatas de cáñamo artesanais. Os participantes aprenderán a identificar a talla, a crear e adaptar o patrón, a marcar e cortar a tea, e finalmente a coser a tea á alpargata, todo a man. Non se necesitan coñecementos de calzado previo. As inscricións poden formalizarse no teléfono 636 988 765. O curso, de 4 horas de duración, desenvolverase no Centro Cultural de Camos cun prezo de 10 euros (material non incluído).