Anuncios
Ticker de novas

Arrancan os traballos de mellora do camiño de Carrasquedo de Abaixo en Vilaza

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // A concelleira de Infraestruturas xunto cos técnicos no camiño de Carrasquedo de Abaixo.

Comezan en Gondomar as obras de mellora no camiño de Carrasquedo de Abaixo, na parroquia de Vilaza. A concelleira de Infraestruturas, Iria Lamas, visitou este luns o viario xunto con técnicos da empresa encargada dos traballos, que consistirán na mellora da pavimentación, drenaxe e seguridade viaria. O custo das obras ascende a 177.940,49 €, financiados integramente pola Deputación de Pontevedra a través da liña 1, a dedicada a investimentos, do Plan Concellos.

Anuncios