Anuncios
Ticker de novas

Detido un mozo de Nigrán acusado dun delito de furto no interior dun vehículo

A Garda Civil detivo a un mozo de 22 anos, veciño de Nigrán, como suposto autor da subtracción de varios efectos no interior dun vehículo estacionado na vía pública.

Por mor das investigacións realizadas por efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán, identifícase a este mozo como o suposto autor do furto unha mochila que fora subtraída a pasada semana do interior dun vehículo que estaba estacionado nunha céntrica rúa de Nigrán. A mochila contiña unha tablet, roupa, un reloxo e diversa documentación bancaria do propietario do coche.

As pescudas realizadas levaron á Garda Civil a un establecemento de compra venda de obxectos de segunda man en Vigo, onde figuraba o mozo detido como vendedor da tablet subtraída, que puido ser recuperada e entregada ao seu propietario.

Unha vez instruídas as correspondentes dilixencias, o detido quedou en liberdade coa obrigación de comparecer ante a autoridade xudicial, cando se requirido, acusado da comisión dun delito de furto.

A Garda Civil reitera á cidadanía os consellos habituais para evitar os roubos no interior dos vehículos, como son: pechar o vehículo con chave, elixir un lugar iluminado para estacionar e non deixar ningún obxecto nin roupa no seu interior e ao alcance da vista.

Anuncios