Anuncios
Ticker de novas

O PP de Nigrán reclama o asfaltado da rúa Ponte Muíñas

FOTO: PP DE NIGRÁN // Estado da rúa Ponte Muíñas.

O Partido Popular de Nigrán súmase á petición de mellora do asfalto da rúa Ponte Muíñas, tal e como reclaman moitos veciños. Aseguran que circular pola estrada que discorre entre unha das entradas ao Polígono Industrial de Porto do Molle e unha das principais entradas ao I.E.S Val Miñor, está a converterse nos últimos tempos nun verdadeiro problema para os condutores especialmente nas xornadas escolares.

“As deficiencias do firme provocan complicacións na condución e non deixan de ser un perigo para condutores e viandantes, que na maioría dos casos, son os propios estudantes do I.E.S. Val Miñor. Todos os veciños afectados, expoñen a necesidade urxente de efectuar arranxos no devandito tramo. Desde o Partido Popular de Nigrán deixamos constancia, e reclamamos que no próximo pleno, avalíese e motívese esta necesidade”, sinala María José Pino.

Anuncios