Anuncios
Ticker de novas

Novo encontro da Rede Galega de Sementes en Gondomar

FOTO: PEPE COSTAS

A Rede Galega de Sementes, en colaboración coa Comunidade de Montes de Couso, celebra este sábado 20 de maio un novo encontro no que decenas de agricultores trocarán sementes tradicionais.

A feira das sementes é un espazo onde ten cabida a sociedade rural, popular e tradicional. Durante toda a xornada haberá unha mesa para trocar sementes e un pequeno mercado de alimentos e plantóns ecolóxicos e de agricultura familiar tradicional.

O programa de actividades, que se desenrolarán fronte ao Concello de Gondomar, comezará ás 10:00 horas coa apertura da feira, e inclúe a presentación do libro “Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza” e a Asociación O Toxo, responsable dos Encontros de Consumo Responsable, e a charla-coloquio “Unha mirada ao pasado para afrontar estes tempos”. A xornada concluirá ás 19:30 horas cun concerto de música tradicional.

A misión da Rede é, desde unha visión holística, crear e dar vida a un espazo onde os labradores e labradoras e os seus saberes poidan ser valorados. Ao mesmo tempo preténdese crear un espazo de reflexión e información para iniciar un retorno as comunidades rurais, núcleo de vida.

Programa

10:00h Apertura da Feira.
11:00h Apertura da mesa de troco: Trae as túas sementes para trocar.
12:00h Presentación do libro “Bienaventurada la maleza porque ella te salvará la cabeza” (César Lema e Félix Rodrigo).
14:00h Xantar popular (Trae comida para compartir).
16:00h Apertura da mesa de troco.
16:30h Presentación da Asociación O Toxo: Encontros de Consumo Responsable.
17:00 Charla-coloquio: Unha mirada ao pasado para afrontar estes tempos (Félix Rodrigo Moura).
19:00h Peche da mesa de troco.
19:30h Concerto de música tradicional.

Anuncios